A casa nova

esta é a casa nova dun día dourado polo sol
vou ficar aquí a facer café

eu cheguei de non ter unha fala e neno
a casa cáeme no regazo
xa sabes que me fai chorar como unha imbécil

alugamos unha tarde dourada e a casa nova
saiunos pola boca
estaba alí todo o sol que nunca vira
repousando no bico das lousas


de María Lado, Casa atlántica, casa cabaret, Col. Ablativo Absoluto, Xerais, 2oo1.

0 comentarios: