dous
hai paixases coma coitelas no lugarevitan que saiamos desta illa.
son as agullas no interior dos brazos coas que nos ameazan,
o superoito caseiro que repiten sen descanso nas salas de proxección da capital.
e todas as imaxes son sempre fermosas.
aquí ninguén lembra que foi peor.
de modo que é difícil escribir dende as paraxes áridas,
as árbores escasean, as mareas morden. todo se complica.
hai días en que, simplemente,
é imposible pensar en fuxir.
de María Lado, Nove, Edicións Fervenza, 2oo8.
0 comentarios:
Publicar un comentario